O Papyre 6.2 incorpora pantalla táctil

venres, 8 de outubro do 2010 Marcus Fernández

O fabricante español Grammata comeza a actualizar a súa familia de lectores de libros electrónicos de xeito que en breve lanzarán ao mercado por uns 269 euros o seu Papyre 6.2, que será un dispositivo de lectura de e-books baseado en papel electrónico cunha pantalla de 6 polgadas con 16 niveis de gris e unha resolución de 600 x 800 píxeles que destaca sobre os seus predecesores por incorporar unha pantalla táctil que, xunto co seu acelerómetro , facilita o seu control. Tamén conta con Wi-Fi, reprodutor de música, 2 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD, unha autonomía de 10.000 páxinas e un peso de menos de 200 gramos.

PUBLICIDADE