O Pixel 6a ofértase a 349 euros
luns, 14 de novembro do 2022
Os entusiastas dos móbiles de Google recibiron cos brazas abertos
este verán o Pixel 6a, un smartphone coas vantaxes que teñen os teléfonos de
Google, pero cun prezo que quedaba en 459 euros (bastante menos dos 649 e 899
euros que custan os Pixel 7 e 7 Pro) e grazas ás ofertas do Black Friday, até o
28 de novembro será aÃnda máis apetecible este teléfono, xa que ofértano a un prezo de
349 euros, polo que convértese nunha das mellores opcións no mercado nese rango
de produto.
Lembremos que o Pixel 6a é un smartphone cunha pantalla OLED Full HD+ de 6,1
polgadas cunha velocidade de refresco de 60 Hz, procesador Google Tensor, 6 GB
de RAM, 128 GB de almacenamento, cámara frontal de 8 MpÃxeles, cámara traseira
dual cun sensor principal de 12,2 MpÃxeles, lector de impresións dixitais en
pantalla e unha baterÃa de 4.410 mAh con carga sen fÃos rápida.
Pese ao seu prezo axustado presume dun bo apartado fotográfico, de aà que sexa
un dispositivo ideal para os que queren disparar boas instantáneas e contar cun
sistema operativo actualizado directamente por Google.