O Pixel 9a será o móbil de Google con maior capacidade de baterÃa
mércores, 19 de marzo do 2025
Google presentou hoxe o seu vindeiro smartphone de entrada, o Pixel 9a, que funcionará cun eficiente procesador Google Tensor G4, pantalla pOLED de 6,3 polgadas cun brillo de até 2.700 nits e unha velocidade de refresco de 120 Hz, carcasas de varias cores (lila, rosa peonia, porcelana e obsidiana), unha cámara traseira dual cun sensor principal de 48 MpÃxeles e un sensor de ultra grande angular de 13 MpÃxeles que tiran proveito da intelixencia artificial para capturar grandes instantáneas, cámara frontal de 13 MpÃxeles, resistencia IP68 e baterÃa de 5.100 mAh con carga por cable e sen fÃos que consegue unha autonomÃa capaz de superar as 30 horas (cun modo de aforro de baterÃa extremo co que conseguirÃa até 100 horas de autonomÃa), o que promete ser o grande reclamo deste terminal móbil.
O Pixel 9a terá un prezo que parte de 549 euros e chegará ao mercado no mes de abril, comentándose que non se abriu a reserva hoxe mesmo porque Google está a investigar un problema de calidade nas primeiras unidades producidas.
O novo smartphone, pese a ser de gama económica, conta con funcións de IA no seu apartado fotográfico, para poder aplicar efectos como engadir a unha persoa a unha persoa a unha fotografÃa grupal, elixir as mellores expresións faciais en fotografÃas de grupo, tirar proveito do editor máxico, poder empregar o eliminar elementos das fotografÃas e incluso aplicar redución de ruÃdo nos vÃdeos.
Tamén presume de ser o único smartphone nesta gama de prezo en integrar Gemini Nano, ou sexa, que conta co asistente de IA de Google integrado de xeito profundo, podendo incluso operar con Mapas, o Calendario e YouTube. Tamén é compatible con Gemini Live para poder conversar con Gemini en mans libres como se falásemos cunha persoa.
Está previsto que no futuro os usuarios dun Pixel 9a que teñan contratado Gemini Advenced poidan gozar tamén das capacidades de compartir vÃdeo e pantalla con Gemini Live, ou sexa, que será posible preguntar á intelixencia artificial sobre o que temos en pantalla ou ao noso redor, o que pode resultar de grande axuda.
Estamos practicamente ante o teléfono que ofrece a experiencia de Google máis completa polo menor prezo, coa garantÃa de que contará con actualizacións de seguridade durante 7 anos.
O máis curioso do Pixel 9a é que o seu módulo traseiro de cámaras, en vez de contar cun grosor maior que o corpo do teléfono, apenas sobresae, o que parece ir na dirección contraria do que fan outros fabricantes. Ao facer iso, o terminal ten unha profundidade de 8,9 milÃmetros, pero tamén a maior capacidade de baterÃa que tivo nunca un Pixel, tendencia que para moitos usuarios serÃa a preferible.
- O Pixel 9a chegará ao mercado en varias cores