O Project Ara traballará en facer realidade un teléfono modular
xoves, 27 de febreiro do 2014
Google
presentou hoxe publicamente o Project Ara,
unha iniciativa que busca crear teléfonos modulares que viña a desenvolverse dende
dentro de Motorola antes da súa venda a Lenovo e que agora adopta unha
identidade de seu e incluso prepara un congreso para
desenvolvedores desta nova plataforma para os vindeiros 15 e 16 de abril no
Museo de Historia da Informática de Mountain View (California), onde enfocaranse
na versión alfa do kit de desenvolvemento de módulos para Ara, que nace como
unha plataforma libre e aberta que esperan publicar en liña a primeiros de
abril.
Esta iniciativa fará posible a creación dun móbil modular que partirÃa dun
prezo de 50 dólares, incluÃndo unha pantalla, un marco en un sistema de
comunicacións sen fÃos Wi-Fi, para que logo puidesen engadirse distintos
elementos segundo as nosas necesidades, esperando que poida chegar a ser unha
realidade dentro dun ano.
Nos vindeiros meses iremos sabendo máis detalles deste proxecto que non busca
un rendemento económico inmediato, senón materializar unha curiosa idea que
consideran que ten moito potencial.
VÃdeo no que explican a historia detrás do proxecto Ara