O Realme 6 Pro chega presumindo de pantalla de 90 Hz e 6 cámaras
martes, 5 de maio do 2020
Hai un par de meses presentouse
na India o smartphone Realme 6 Pro, que como caracterÃsticas salientables
contaba cun procesador Qualcomm Snapdragon 720G, pantalla cunha velocidade de
refresco de 90 Hz e un total de 6 cámaras. Hoxe chega ao mercado español este
curioso terminal que pode
adquirirse en cor azul lóstrego ou vermello lóstrego con 8 GB de RAM e 128 GB
de almacenamento por 329 euros.
O Realme 6 Pro é un smartphone
de gama media bastante ambicioso, cun grande rendemento e unha pantalla Full
HD+ de 6,6 polgadas que sorprende por contar cun orificio para unha cámara
frontal dual, que conta cun sensor grande angular de 16 MpÃxeles e outro ultra
grande angular (105 graos) de 8 MpÃxeles que permiten gravación de vÃdeo Full
HD e incluso gravación de vÃdeo a cámara lenta (120 imaxes por segundo).
A cámara traseira cuádrupla deste smartphone conta cun sensor principal de 64
MpÃxeles e apertura f/1.8, un ultra grande angular de 8 MpÃxeles, un
teleobxectivo de 12 MpÃxeles que promete un zoom de até 20x e un obxectivo macro
cun sensor de 2 MpÃxeles (para fotografar a só 4 centÃmetros de distancia). Permite
gravación de vÃdeo 4K.
Este móbil conta con dúas rañuras para tarxetas SIM, outra para tarxetas micro
SD; ten conectividade Wi-Fi AC, Bluetooth 5.1 e incluso NFC; e a súa baterÃa de
4.300 mAh conta con carga rápida de 30 watts capaz de realizar unha carga
completa nunha hora.