O Realme 7i sae á venda por só 149 euros

mércores, 16 de decembro do 2020 Marcus Fernández

O vindeiro día 21 chega oficialmente a España un novo smartphone a un prezo moi agresivo: o Realme 7i, que durante as primeiras 48 horas venderase a só 149 euros, pasando logo a custar 159 euros, o que continúa a ser un prezo moi axustado para un teléfono tan completo.
O Realme 7i é un teléfono cunha pantalla HD+ de 6,5 polgadas cunha pequena pestana superior central para albergar unha cámara frontal de 8 Mpíxeles, mentres que o seu lector de impresións dixitais está na parte traseira do dispositivo. Este teléfono funciona cun procesador MediaTek Helio G85 de 8 núcleos, 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento interno, o que sumado á súa xenerosísima batería de 6.000 watts (suficiente para aguantar até 25 horas vendo vídeos en YouTbue) con carga rápida de 18 watts fai que este dispositivo libre con luz propia, xa que ten prestacións dabondo para un grupo moi imporante de usuarios.
A cámara traseira do Realme 7i é tripla, cun sensor principal de 64 Mpíxeles, un sensor de macro de 8 Mpíxeles e un ultra grande agular de 8 Mpíxeles. No que respecta á conectividade, conta con 4G, WiFi 5 e Bluetooth 5.0. En definitiva, un prezo cunha excelente relación entre prestacións e prezo, que de seguro que terá boas vendas en España durante esta campaña de Nadal.

O Realme 7i pode presumir da súa grande capacidade de autonomía e do seu prezo axustado.

PUBLICIDADE