O Redmagic 8 Pro terá unha baterÃa de 6.500 mAh
luns, 18 de decembro do 2023
A
marca de móbiles Nubia lanzou
en febreiro o seu smartphone Redmagic 8 Pro, e sen deixar pasar un ano presenta o seu sucesor, o
Redmagic 9 Pro, que volve querer conquistar aos amantes dos xogos para móbil
sorprendendo desta volta porque, aparte dun potente procesador Qualcomm
Snapdragon 8 Gen 3, tamén conta
cunha xigantesca baterÃa de 6.500 mAh, que promete unha autonomÃa de até 57
horas e cunha carga de 80 watts que permite unha recarga completa en menos de
35 minutos.
O Redmagic 9 Pro
está equipado cunha pantalla AMOLED Full HD+ de 6,8 polgadas cunha velocidade
de refresco de até 120 Hz e un brillo de até 1.600 nits, 12/16 GB de RAM
LPDDR5X, 256/512 GB de almacenamento interno UFS4.0, sistema de refrixeración
ICE 13, luz RGB personalizable e conector para auriculares.
No apartado de cámaras, ten unha curiosa configuración, xa que conta con 2 cámaras
traseiras de 50 MpÃxeles con estabilización óptica, mentres que a cámara
frontal é de 16 MpÃxeles e está agochada baixo a pantalla. En calquera caso,
cómpre lembrar que as cámaras dos móbiles gaming nunca destacaron pola
súa calidade.
Está previsto que chegue en breve, cun prezo de entre 649 e 799 euros en
función da súa configuración.