O Redmi Note 4 de Xiaomi terá un procesador de 10 núcleos

xoves, 25 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Esta semana Xiaomi estreou a capa de personalización MIUI 8, e mañá mesmo porá á venda o primeiro smartphone que a incluirá de serie, o Redmi Note 4, unha revisión dun dos seus terminais máis vendidos, que actualízase renovando lixeiramente o seu deseño e incrementando a súa potencia, mantendo un prezo moi axustado.
Así temos o Redmi Note 4 como un smartphone cun procesador Helio X20 (de 10 núcleos a 2,1 GHz) con gráfica Mali T880, pantalla Full HD de 5,5 polgadas con cristal 2.5D, cámaras de 13 e 5 Mpíxeles con aperturas f/2.0, dobre SIM (podendo empregarse un dos espazos para unha segunda SIM para ampliar a capacidade interna de almacenamento do terminal con tarxetas microSD de até 128 GB), Wi-Fi AC, Bluetooth 4.2, lector de pegadas dixitais na parte traseira, batería de 4.100 mAh, un grosor de 8,35 milímetros e un peso de 175 gramos, que chegará cun modelo básico con 2 GB de RAM e 16 GB de almacenamento interno que venderase a 899 iuans (120 euros) e un modelo máis completo con 3 GB de RAM e 64 GB de almacenamento interno a un prezo de 1.199 iuans (160 euros). Ambos modelos poderán conseguirse en cor prata, ouro e gris escuro.

O Redmi Note 4 chega con carcasas en varias cores
O novo smartphone de Xiaomi continúa a apostar por un sensor de pegadas dixitais na súa parte traseira

PUBLICIDADE