O SISO Tablo converte os portátiles en Tablet PC
venres, 3 de abril do 2009
Os usuarios que
queiran gozar das prestacións dun Tablet PC no seu portátil actual pode optar
por adquirir o SISO
Tablo, un dispositivo que venden por 99 dólares (73,63 euros) na tenda
virtual de Brando, que consiste nun dispositivo semellante a unha cámara web
que se conecta ao monitor do equipo e que detecta a posición sobre a pantalla (non
superior de 15,4 polgadas) dun lapis especial (tamén sensible á presión).
Este
kit é compatible con Windows XP e Vista, e inclúe o software necesario para
funcionar con aplicacións coma o Microsoft Office, o Paint, o Adobe
Illustration e o Photoshop, entre moitas outras, de xeito que podemos escribir
e debuxar directamente sobre a pantalla sen precisar dun panel táctil.