O Samsung GALAXY Tab 7.0 Plus funcionará con Android 3.2

venres, 30 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Samsung vén de anunciar o lanzamento do GALAXY Tab 7.0 Plus, un novo tablet con pantalla de 7 polgadas cunha pantalla de 1.024 x 600 píxeles, que supón unha importante renovación deste tipo de equipos, que agora presentan un grosor de 9,96 milímetros e pesan 345 gramos, polo que gozan dunha alta portabilidade, o que non está rifado co feito de que o novo tablet conte cun procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, o que permítelle gozar de Android 3.2 (mentres que a meirande de tablets de 7 polgadas teñen que conformarse con Android 2.x).
O GALAXY Tab 7.0 Plus tamén permite reproducir contidos en Adobe Flash, goza de conectividade HSPA+, batería de 4.000 mAh, 16/32 Gb de memoria interna (ampliable mediante tarxetas microSDHC de ata 32 Gb), Bluetooth 3.0, Wi-Fi N, Wi-Fi Direct, USB 2.0, cámara de 3 Mpíxeles con flash e gravación de vídeo a 720p e incluso é capaz de reproducir vídeo en MKV a 1.080p. Comezará a súa distribución a finais de outubro e o seu prezo será de aproximadamente 500 euros para o seu modelo con 16 Gb de capacidade.

PUBLICIDADE