O Samsung Galaxy A14 5G quere destacar entre os móbiles de entrada coa súa autonomÃa
mércores, 4 de xaneiro do 2023
Samsung
presentou hoxe o seu novo Galaxy
A14 5G, un smartphone que poderiamos considerar que sube o nivel sobre o
que podemos esperar dun móbil de gama de entrada, xa que é bastante completo, presume
dunha baterÃa de longa duración (que mediante o aforro de enerxÃa adaptativo
poderÃa chegar aos 3 dÃas) e ten garantidas 2 grandes actualizacións de Android
e 4 anos de actualizacións de seguridade (algo moi pouco frecuente nos móbiles
económicos).
O Samsung Galaxy A14 5G chegará ao mercado en 3 cores diferentes, presenta unha
pantalla Full HD+ de 6,6 polgadas cunha velocidade de refresco de 90 Hz, ten
unha cámara traseira tripla e unha cámara frontal de 13 MpÃxeles, inclúe
conectividade 5G, venderase con 64/128 GB de almacenamento interno ampliable mediante
tarxetas microSD, e incluso será compatible con Samsung Health (o que resulta
práctico se contamos cun smartwatch de Samsung para facer un seguimento da nosa
actividade fÃsica).
- O móbil chegará ás tendas en 3 cores distintas