O Samsung Galaxy Fold abre hoxe as súas reservas nos EE.UU.
venres, 12 de abril do 2019
A chegada ao mercado dos teléfonos encartables está cada vez
máis preto, e hoxe
mesmo T-Mobile abre a reserva do Samsung Galaxy Fold nos EE.UU., smartphone
que iniciará as súas vendas en liña o 25 de abril e chegará a algunhas tendas
fÃsicas o dÃa 26, de xeito que os consumidores por fin poderán probar este novo
tipo de produto, o que permitirá coñecer a súa reacción para asà comprobar se
realmente este formato de dispositivo ten unha demanda real.
O Samsung Galaxy
Fold ten un formato bastante curioso, de xeito que cando temos o teléfono
pechado presenta unha pantalla de só 4,6 polgadas, pero cando o despregamos
teremos unha pantalla Infinity Flex Display de 7,3 polgadas, que busca
revolucionar o xeito de entender os móbiles, permitindo executar até 3 aplicacións
á vez en cadanseu espazo en pantalla, polo que teremos un produto moi
interesante de cara á produtividade. O terminal tamén presume de 6 cámaras de
calidade profesional. Venderase en cor prata, con 512 GB de almacenamento e baterÃa
de 4.380 mAh, incluÃndose coa súa adquisición unha funda de fibra de carbono e
uns auriculares sen fÃos Galaxy Buds, extras que non sorprenden se temos en conta
que o teléfono venderase a un prezo de 1.980 dólares.
ConfÃase en que en España a reserva do Galaxy Fold ábrase o 26 de abril, para chegar
finalmente o terminal ao mercado o 3 de maio.
ACTUALIZACIÓN: O procedemento de reservas do Galaxy Fold nos EE.UU. confirmou o interese polos móbiles encartables, e dende Samsung xa non aceptan máis solicitudes para conseguir o novo produto no seu lanzamento.