O Samsung Galaxy Fold chegará a España o 3 de maio

luns, 25 de marzo do 2019 Marcus Fernández

Aínda que os móbiles con pantalla encartable semellaban fume por presentarse nunhas condicións moi particulares (sen poder tocarse e con datas de lanzamento pouco claras) a proposta de Samsung non quere quedar no aire, e xa parece ter data para o seu desembarco, de xeito que o Samsung Galaxy Fold comezará a venderse nos EE.UU. o 26 de abril, data na que abrirase a reserva en 15 países europeos, nos que o interesante terminal chegará oficialmente o 3 de maio.
Dende SamMobile concretan que os países aos que chegaría o Galaxy Fold o día 3 de maio serían Reino Unido, Francia, Alemaña, Italia, Suecia, Dinamarca, Finlandia, Noruega, Bélxica, Países Baixos, Austria, Polonia, Romanía, Suíza e España, a un prezo que estaría no contorno dos 2.000 euros, polo que non sería un produto ao alcance de calquera, aínda que engaden que o smartphone incluiría uns auriculares sen fíos Galaxy Buds, unha funda protectora de Kevlar e un seguro contra danos de 1 ano.

PUBLICIDADE