O Samsung Galaxy Ring medra en talles e prestacións

luns, 13 de xaneiro do 2025 Marcus Fernández

Samsung anunciou hoxe o lanzamento de dous novos talles máis grandes do seu Galaxy Ring de xeito que a partires do vindeiro día 22 cubrirá os talles dende o 5 ao 15. Aproveitan este anuncio para dar conta da actualización da aplicación Samsung Health para ofrecer funcións avanzadas que poden axudar a conciliar un sono reparador, indo máis aló da análise dos patróns de sono da noite anterior. Estas actualizacións inclúen o Informe de Contorno para durmir, Guía de Hora de durmir e o Monitor de Conciencia Plena, e chegarán paulatinamente nos vindeiros meses.
O Galaxy Ring tamén está a mellorar a súa distribución internacional, pasando de 38 a 53 mercados, deixando clara a confianza de Samsung nos dispositivos de monitorización da saúde.