O Samsung Galaxy S II comeza a actualizarse a Android 4.0

martes, 13 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Samsung anunciou hoxe que xa ten lista a actualización a Android 4.0 para o seu móbil Galaxy S II, de xeito que está a comezar a distribución desta actualización dun xeito progresivo, comezando por Polonia, Hungría e Suecia, e pasando despois ao resto de mercados europeos. Os seguintes terminais da compañía que renovarán o seu software a Android 4.0 serán o Galaxy Note, o Galaxy S II LTE, o Galaxy R, o Galaxy Tab 7.0 Plus, 7.7, 8.9 e 10.1.
Aínda non se concretou cando os operadores españois distribuirá a actualización do Samsung Galaxy S II, que posiblemente será en poucos días, pois xa se anunciou que no Reino Unido o proceso comezará o 19 de marzo.

PUBLICIDADE