O Samsung Galaxy S estréase en cor rosa

martes, 21 de setembro do 2010 Marcus Fernández

A febre cromática na electrónica de consumo é inevitable, e finalmente chegou a un dos móbiles máis prometedores deste ano, o Samsung Galaxy S, que vén de estrear unha versión Femme no Xapón que destaca por contar cunha carcasa de cor rosa pensando no público feminino (así como unha pantalla con tecnoloxía Gorilla Glass, que mellora a súa resistencia), e que tamén incluirá unha tarxeta microSD de 4 Gb e varias cremas e maquillaxe da marca AVEDA, da que tamén achégase unha aplicación preinstalada no móbil que facilita consellos sobre o coidado da pel e o cabelo.
Resulta curioso ver como Samsung e AVEDA non se limitaron a mudar a cor do terminal, senón que véndeno nun paquete máis propio das perfumerías que das tendas de telefonía móbil, o que por outra banda parece todo un acerto se pensamos no público ao que vai dirixido.

PUBLICIDADE