O Samsung Galaxy Tab podería actualizarse cunha pantalla Super AMOLED

mércores, 10 de novembro do 2010 Marcus Fernández

O tablet Samsung Galaxy Tab aínda está a desembarcar no nos mercado, de aí que resulten un tanto rechamante que estes días poida verse unha versión deste dispositivo na feira FPD 2010 que contaría cunha pantalla de 7 polgadas con tecnoloxía Super AMOLED, o que debería mellorar a calidade de imaxe e incrementar a súa autonomía no que parece que sería a segunda xeración do Galaxy Tab.
Samsung aproveitou a ocasión para presentar as últimas tecnoloxías de pantalla desenvolvidas, como as súas pantallas AMOLED flexibles, un prototipo de tablet de 10,1 polgadas cun grosor de só 1,8 milímetros, unha pantalla transparente OLED de 19 polgadas e outra LCD de 46 polgadas… coma podemos ver no seguinte vídeo creado por Notebooks News:

PUBLICIDADE