O Samsung Gear S2 chegará a España o venres
martes, 20 de outubro do 2015
- O novo smartwatch de Samsung presentouse antes os medios esta mañá na Coruña
Tras
iniciar o mes de setembro presentando
o smartwatch Samsung Gear S2, a compañÃa surcoreana prepara a súa
comercialización en España, que principiará o vindeiro venres, achegando asÃ
unha mostra máis da tecnoloxÃa wearable
que xorde como resultado de anos de innovación continua para ofrecer unha
mellor experiencia aos usuarios e, especialmente, converterse nun elemento de
expresión persoal como un complemento de
moda, en vez dun dispositivo puramente electrónico.
O Samsung Gear S2
conta cun deseño circular versátil, que permÃtelle facerse pasar por un reloxo
de pulso tradicional, pero abrindo numerosas posibilidades e conseguindo
incluso superar a outros smartwatches do mercado ao innovar no seu sistema de
control que, aparte da súa pantalla táctil, tamén conta con botóns de Inicio e
Atrás e un bisel xiratorio ao redor da súa esfera (que achega unha maior
comodidade e precisión á hora de moverse polos menús e os contidos que se
amosan na pantalla do reloxo á vez que evita que os dedos dificulten a súa
visión).
Dous modelos diferentes
Atendendo ás diferentes demandas de deseño e estética, Samsung comercializará o
reloxo en dous modelos distintos: o Gear S2, que venderase a 349 euros e
poderase mercar en cor branca ou negra con correa de goma; mentres que o Gear S2
classic, cun prezo lixeiramente superior (379 euros) ofrecerá un acabado moito
máis elegante, cunha caixa negra e unha correa de coiro (que pode substituÃrse
por correas de reloxo estándar).
Tizen como alternativa a Android Wear
Curiosamente estamos ante un smartwatch que, en vez de funcionar con Android
Wear, opera con Tizen, xa que Samsung entendeu que a plataforma wearable de Google non estaba o
suficientemente madura, pero en calquera xeito estamos ante un dispositivo
pensado principalmente en complementar smartphones con Android. O reloxo
funciona como un monitor de actividade (integrándose na cada vez máis completa
plataforma S Health), pero conta con moitas máis prestacións grazas a distintas
aplicacións, de xeito que facilita o acceso ás tendencias en Twitter, á
mensaxerÃa de LINE, ás crÃticas de establecementos de hostalerÃa, ao control
domótico e moitos outros servizos, aÃnda que de xeito xeral serve para recibir
e interactuar coas notificacións do móbil (aÃnda que non estivesen adaptadas a wearables) e tamén pode aproveitarse
como reprodutor musical (funcionando como mando a distancia do smartphone ou
reproducindo música almacenada na súa memoria interna de 4 GB).
Especificacións técnicas superiores
Para poder gozar de todas estas prestacións o Samsung Gear S2 conta cun
procesador Exynos 3250, 512 MB de RAM, pantalla circular sAMOLED de 1,2
polgadas e 360 x 360 pÃxeles, resistencia á auga IP68, Bluetooth 4.1, Wi-Fi,
NFC (de xeito que tamén facilitará a realización de pagamentos co móbil) e unha
baterÃa de 250 mAh (que permitirÃalle funcionar 2-3 dÃas e que pode recargarse
mediante unha cómoda base magnética incluÃda co reloxo).
AÃnda que en Corea do Sur o reloxo conta cunha variante que inclúe
conectividade 3G facendo uso da primeira e-SIM con capacidades de voz, dado que
esta tecnoloxÃa non está dispoñible por parte de ningún operador español, a
versión máis rechamante do Gear S2 non estará dispoñible no noso territorio.
- O bisel do Gear S2 pode xirarse para moverse polos menús do smartwatch
VÃdeo no que explican como configurar e usar o Gear S2