O Samsung i900 Omnia é a resposta coreana ao iPhone

luns, 9 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Os blogs tecnolóxicos levan semanas falando dun novo móbil de Samsung, e finalmente se coñece oficialmente. O Samsung i900 Omnia é un terminal que funciona co sistema operativo Windows Mobile 6.1, é cuadribanda (soportando ata conexións HSDPA a 7,2 Mbps) e conta con acelerómetro, Wi-Fi, porto USB, sintonizadora de radio FM (con RDS), Bluetooth (A2DP), pantallas de 3,2 polgadas cunha resolución de 400 x 240 píxeles e unha cámara de 5 Mpíxeles (que pode xeolocalizar fotografías grazas ao GPS integrado).
Se vende con 8 ou 16 Gb de capacidade de almacenamento de xeito que sería un dos terminais máis doados de comparar co iPhone de Apple, especialmente pola interface TouchWiz, que engade un sistema de funcionamento táctil moi atractivo a Windows Mobile.
Este novo móbil chegará ás tendas europeas no mes de xullo.

PUBLICIDADE