O Sansa TakeTV achega os vÃdeos descargados da Internet ós televisores domésticos
luns, 22 de outubro do 2007
SanDisk quere achegar un novo xeito de levar os vÃdeos
descargados da Internet ós televisores domésticos, polo que estreou o seu Sansa TakeTV, que é unha memoria USB de 4 ou 8 Gb na
que se poden gravar ficheiros en formatos DivX, Xvid e MPEG-4 a unha resolución máxima de
720 x 576 pÃxeles para logo conectala a un pequeno soporte que se conecta ó televisor
mediante RCA e S-Video (compatible tanto con PAL coma con NTSC, asà como cos formatos
4:3 e 16:9). Tamén conta cun pequeno mando a distancia.
Esta solución supón asà un novo método de levar contidos de vÃdeo ós salóns das
nosas casas, evitando o proceso de gravación en DVD ou noutros soportes do
material que se queira ver unha única vez, e que tamén se
complementará cunha tenda de vÃdeos en liña (xa que o TakeTV soporta tamén
DivX con DRM).
Os prezos de venda deste novo dispositivo serán de 99,99 e 149,99 dólares para
os modelos de 4 e 8 Gb respectivamente.