O Siemens miniTek achega a música aos audífonos

xoves, 14 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Pensando nos usuarios de audífonos da súa marca, Siemens vén de presentar o miniTek, un complemento sen fíos que ten forma dunha pequena caixa con botóns que recibe son de dispositivos Bluetooth (coma un móbil ou algún reprodutor multimedia) ou de trebellos (coma televisores) aos que se conecte o emisor pertinente, para transmitilo directamente á canle auditiva do usuario, aproveitándose os botóns para o control multimedia.
O Siemens miniTek ten unha autonomía dunhas 5 horas para a transmisións musical e de todo o día para simples funcións de mando a distancia. Pode sincronizarse a 2 dispositivos á vez, o seu control é sumamente doado, o seu tamaño discreto e o seu peso de 55 gramos, aínda que non coñecemos o prezo deste dispositivo compatible con todos os audífonos sen fíos de Siemens.

O miniTek pode empregarse coma mans libres Bluetooth
O Siemens miniTek é un excelente complemento para a reprodución multimedia para os usuarios con audífonos

PUBLICIDADE