O Sony Ericcson T707, o móbil de MarÃa Sharapova
venres, 27 de marzo do 2009
Sony Ericsson fai
uso da imaxe da tenista MarÃa Sharapova para anunciar o seu novo terminal
telefónico T707, que destaca polo seu elegante deseño, factor que poderÃa ser
decisivo na súa comercialización, por achegalo a un público moi amplo que
habitualmente non optaba por este fabricante.
O Sony
Ericsson T707 ten formato de cuncha, conta cunha pantalla TFT de 2,2
polgadas cunha resolución de 320 x 240 pÃxeles na súa parte interior
(complementada por unha pantalla OLED externa de 1,1 polgadas), 100 Mbytes de
memoria interna ampliable mediante tarxetas Memory Stick Micro ou microSD, reprodución
de MP3, radio FM con RDS, cámara de 3,2 MpÃxeles, conectividade
GSM/GPRS/UMTS/EDGE/HSDPA, Bluetooth, navegador web completo, servizos
preinstalados (coma YouTube, Google Maps, correo electrónico ou mensaxerÃa
instantánea), efectos luminosos e detección de xestos para silenciar chamadas
ou alarmas.
Este interesante móbil mide 93 x 50 x 14,1 mm, pesa 95 gramos, unha autonomÃa
de ata 400 horas en espera e 10 ou 4 en conversa (segundo empregue
conectividade 3G ou GSM respectivamente), e sairá á venda no segundo trimestre
do ano en 3 cores: negro misterioso, rosa primavera e azul lúcido.
Durante a presentación
deste terminal, Sharapova asegurou que co seu novo móbil «nunca perdo unha chamada grazas aos rechamantes
efectos de luz e configuración de pulsación personalizada e adoro que poda
mover a miña man para silenciar unha chamada co control de xestos. Tamén fago
uso do meu práctico e elegante auricular Bluetooth HBH-PV715 para responder ás
miñas chamadas, comprobar os seus correos electrónicos e escribir anotacións no
meu blog dende o teléfono».