O Sony Ericsson Xperia X2 funcionará con Windows Mobile 6.5

xoves, 3 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Sony Ericsson presentou definitivamente o que será o seu Xperia X2, un teléfono móbil que funcionará co sistema operativo Windows Mobile 6.5 e conta unha pantalla táctil de 3,2 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles e un teclado QWERTY completo, de xeito que é moi semellante a levar un ordenador no peto.
Este terminal de 110 x 54 x 16 milímetros e un peso de 155 gramos goza dunha conectividade elevada (HSPA, Wi-Fi e Bluetooth), GPS, saída de televisión, cámara de 8 Mpíxeles (con enfoque automático e gravación de vídeo), porto USB, lector de tarxetas microSDHC de ata 16 Gb (o móbil conta con só 110 Mb de memoria interna), reprodución de de MP3 e WMA, unha autonomía de ata 600 horas en espera (3G) e 10 horas en conversa (GSM) e un prezo sen precisar, agardándose a súa chegada ao mercado a finais de ano.


Presentación do Xperia X2

PUBLICIDADE