O Sony Ericsson Xperia arc aposta pola imaxe

luns, 10 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Tras a boa acollida da familia de terminais Sony Ericsson Xperia X10 chega agora o Xperia arc, que busca levar un chanzo máis arriba os terminais telefónicos con Android coa versión 2.3 dos sistema operativo promovido por Google, unha pantalla X.LED de 4,2 polgadas cunha resolución de 854 x 480 píxeles, un grosor de menos de 9 milímetros e un peso de só 117 gramos, no que semella unha combinación moi equilibrada de elegancia e potencia.
O Sony Ericsson Xperia arc funciona cun procesador a 1 GHz, motor Mobile BRAVIA, batería de 1.500 mAh, 16 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD), conectividade Wi-Fi, a-GPS, HSPA, Bluetooth, radio FM e saídas de jack e HDMI. A súa cámara é de 8 Mpíxeles, con flash LED e gravación de vídeo a 720p. No tocante ao seu software, podemos comentar o feito de que inclúa o sistema de navegación GPS Wisepilot.
Polo momento descoñecemos a data de lanzamento e o prezo que terá este interesante terminal que parece querer competir seriamente co Nexus S.


Vídeo de presentación do Sony Ericsson Xperia arc

PUBLICIDADE