O Spawn HD-720 permitirá xogar remotamente á nosa consola
martes, 15 de setembro do 2009
Durante o encontro
TechCrunch 50 presentaron o Spawn
HD-720, un dispositivo que permite adaptar a nosa consola de videoxogos
(PS3, PS2, Xbox 360 ou GameCube) para funcionar de xeito remoto mediante streaming a 30 fotogramas por
segundo e cunha resolución máxima de 720
liñas en progresivo.
Esta solución poderÃa empregarse para xogar á consola dende un PC do noso
domicilio cando esta ocupado o televisor de salón, para botar unha partida a dobres cun xogador remoto (incluso en xogos
sen modo en liña), para poder botar unha partida aos nosos xogos cando esteamos
de viaxe ou incluso para poder presentar remotamente as nosas partidas.
Este dispositivo está á venda por
199,95 dólares, e para dotalo de máis realismo, deberÃa combinar con
adaptadores de mandos das distintas consolas para o PC, que están á venda a
29,95 dólares cada un.