O Spider-Man de Insomniac Games estrea versión para PC
venres, 12 de agosto do 2022
O aclamado xogo Marvel’s Spider-Man de Insomniac
Games, lanzado inicialmente para PlayStation 4 e adaptado logo a PlayStation 5,
chega hoxe finalmente a PC, de xeito que podemos
adquirilo na tenda de Epic Games e en
Steam a un prezo de 59,99 euros e non se limite a ofrecer as mesmas
melloras que o xogo lucÃa en PS5, senón que tamén incorpora gráficos
optimizados para PC (con soporte de tecnoloxÃas como nVIDIA DLSS, nVIDIA DLAA e
AMD FSR 2.0), melloras no trazado de raios e sombras melloradas, compatibilidade
con teclado e rato e incluso compatibilidade con monitores ultrapanorámicos, xa
que está adaptado para resolucións de 16:9, 16:10, 21:9, 32:9 e 48:9. Incluso
pode empregarse con 3 pantallas simultáneas mediante nVIDIA Surround ou AMD
Eyefinity.
Loxicamente, para poder tirar proveito das maiores resolucións e das
prestacións gráficas abanzadas hai que contar cun ordenador moi ben equipado,
pero os requisitos mÃnimos son bastante asumibles, de xeito que en equipos de
sobremesa de hai 7 anos é posible gozar deste impresionante tÃtulo.
O xogo permÃtenos encarnar a Peter Parker como Spider-Man, protexendo a cidade
de New York de ameazas criminais e tamén inclúe as expansións que recibiu o
xogo orixinal tras o seu lanzamento, contando asà con misións e desafÃos
adicionais.
Este novo Marvel’s Spider-Man: Remasterizado para PC non só ofrece unha
grande experiencia en equipos de grande potencia, xa que conta
con selo Steam Deck Verified,
ou sexa, que incluso pode xogarse con dignidade na consola portátil de Valve
baseada en tecnoloxÃa de PC.
- O novo xogo soporta configuracións de monitor ultrapanorámico
Tráiler de lanzamento de Marvel’s Spider-Man: Remasterizado para PC