O SuperPaquito quere establecerse no escritorio grazas a unha funda con teclado
luns, 6 de maio do 2013
O tablet para uso infantil de Imaginarium, SuperPaquito, que funciona
cunha versión personalizada de Android 4.1 para que sexa doada de utilizar
polos máis cativos, está de promoción ata o vindeiro dÃa 13, ofrecendo polo seu
prezo habitual (249 euros) unha funda con teclado que busca asà dotalo dalgunha
prestacións máis propias dun ordenador portátil, e que tamén pode
mercarse por separada a un prezo de 25 euros.
Para contribuÃr ao uso do SuperPaquito no escritorio, dende
Imaginarium presentaron nos últimos dÃas Workstation,
que é como chaman á combinación da nova funda con teclado coas aplicacións Mis Apuntes, Tapwriter e Movement, que
queren axudar aos cativos a estudar e aprender dentro e fóra da aula.
SuperPaquito tamén integra aplicacións para o uso do correo electrónico, para
unha navegación segura pola web, para organizar a axenda, para rexistrar os
progresos do cativo, para xestionar a fotografÃas almacenadas e para visualizar
vÃdeos, asà como distintas ferramentas educativas (dirixidas traballar a
ortografÃa, as matemáticas, a lóxica, a historia, a música e a linguaxe) e de
lecer (xogos, quebracabezas, debuxo, lectura...).
De todos os xeitos cómpre indicar que as prestacións deste tablet parecen estar
moi por debaixo da media no seu rango de prezo, pois o SuperPaquito funciona
cun procesador ARM Cortex A8 a 1 GHz, 1 Ghz de RAM, 16 Gb de almacenamento
interno, pantalla de 9,7 polgadas e cámaras de 2 e 3 MpÃxeles.