O Surface Book 2 chegará a España en poucas semanas
mércores, 17 de xaneiro do 2018
En
outubro de 2015 Microsoft
sorprendeu presentando o seu Surface Book, un portátil convertible que
converteuse o soño de moitos dos que non estaban conformes co formato dos equipos
Surface Pro, e que precisaban tamén de maior potencia, pero este ordenador convertible
en tableta que funciona tamén con lapis dixitalizador non chegou a
comercializarse nunca en España, o que fixo que se abrise unha porta á
esperanza o pasado outubro, cando presentouse
o Surface Book 2, revisión cun grande salto de potencia e con dous tamaños
de pantalla que entre as as súas novidades inclúe un porto USB-C, noutros
momentos rexeitado por Microsoft por considerar que resultaba confuso para os
consumidores.
Finalmente Microsoft
anunciou hoxe que vai ampliar a distribución internacional deste novo Surface
Book 2, tanto no seu tamaño de 13 como de 15 polgadas, iniciándose as
reservas do segundo hoxe mesmo en 17 mercados, aÃnda que o máis salientable é
que entre febreiro e abril desenvolverase unha segunda fase de distribución do
produto na que estará incluÃda España, de xeito que en breve será posible
mercar no noso territorio o Surface Book 2.
Os Surface Book 2 presumen dunha autonomÃa de até 17 horas de uso e integran
procesadores Intel de 8ª xeración e gráficas discretas de nVIDIA (GTX 1050 e 1060) de xeito que son capaces de
correr tanto aplicacións de alto rendemento como as experiencias de realidade
mixta de Microsoft, á vez que tamén son grandes ferramentas artÃsticas ao poder
empregarse sobre a súa pantalla o Surface Pen e incluso o Surface Dial.