O Surface Laptop 4 custará a partir de 1.129 euros
martes, 13 de abril do 2021
Microsoft
está a renovar os seus ordenadores portátiles da familia Surface, e asà temos
xa a posibilidade de reservar un dos novos Surface
Laptop 4, que chegarán ao mercado o vindeiro dÃa 27 a prezos que parten dos
1.129 euros, e que estarán dispoñibles con pantalla táctiles PixelSense de 13,5
e 15 polgadas, permitindo que os usuarios tamén poidan optar por facer con
versións con procesador Intel Core de 11ª xeración ou AMD Ryzen Mobile con
gráfica Radeon.
Deste xeito temos que ao configurar un novo equipo podemos partir dun Surface
Laptop 4 con procesador AMD Ryzen 5 4680U con 8 GB de RAM e 256 GB de
almacenamento e pantalla de 13,5 polgadas e chegar até un procesador Intel Core
i7 con 32 GB de RAM, 1 TB de almacenamento e pantalla de 15 polgadas (caso no
que o equipo elevarÃa o seu prezo até os 2.699 euros).
Estes novos equipos integran cámara frontal HD de alta sensibilidade (para
contornos pouco iluminados) e micrófonos de estudio, de xeito que ofrecen unha
boa experiencia en xuntanzas virtuais; tamén contan con pantalla de alto
contraste e altofalantes Omnisonic con Dolby surround; e tamén prometen unha
grande experiencia de uso grazas ao seu teclado de calidade e ao seu preciso
trackpad con xestos multitáctiles.
Os Surface Laptop 4 son equipos que buscan recoller o coñecemento adquirido por
Microsoft coas tabletas Surface e levado a equipos cun formato máis
tradicional, polo que son especialmente recomendados para incondicionais do
hardware da compañÃa de Redmond.
VÃdeo de presentación do Surface Laptop 4