O Surface Laptop e a nova Surface Pro sairán á venda o vindeiro dÃa 15
xoves, 8 de xuño do 2017
O mes pasado Microsoft presentou o seu ordenador portátil Surface
Laptop e a súa tableta Surface Pro, e
esta mañá dende
Microsoft Ibérica confirmaron que teremos estes produtos no mercado español a
partires do vindeiro dÃa 15, en contraste con outros lanzamentos da
compañÃa de Redmond, que normalmente facÃanse esperar moitos meses antes de
chegar a España.
Na presentación realizada en Madrid destacouse que o novo Surface Pro é «un
produto maduro que permite sacar todo o proveito á experiencia Windows 10, con
tecnoloxÃas en auxe como a escritura dixital», mentres que o Surface Laptop
destaca como «un potente dispositivo cun deseño fino e lixeiro, que chega para
levar a experiencia Surface a novos usuarios».
Cómpre salientar que o Surface
Laptop serÃa o primeiro ordenador portátil puro
fabricado por Microsoft e, aÃnda que non se espera que teña unhas vendas
masivas, busca marcar unha senda para outros fabricantes como xa fixera no
pasado coas tabletas Surface Pro.
Ao Surface Pro tamén o acompañarán novos accesorios como a Funda con teclado
para Surface Pro Edición Signature, que conta cun mecanismo de elevado de alta
calidade e un espaciado entre teclas de 1,3 milÃmetros para unha escritura máis
rápida e precisa, á vez que tamén está cuberto con tecido Alcantara, que busca
unha maior comodidade e unha estética máis coidada. O lapis para Surface
renóvase cunha versión con 4.096 niveis de presión que gaña velocidade e
incluso é sensible á inclinación, polo que resulta ideal para artistas.
Estes novos produtos terán prezos de 179,99 euros para a nova funda teclado
para Surface Pro e 109,99 euros para o lapis para Surface; mentres que o
Surface Pro ten un prezo de saÃda de 949 euros e o Surface Laptop partirá dos
1.149 euros. Estes últimos equipos poderán gozar dun desconto do 10% para
estudantes.
Adicionalmente dende Microsoft deixaron caer que o seu ordenador todo-en-un, o Surface
Studio, si chegará a España nos vindeiros meses, aÃnda que non se atreveron
a pór unha data concreta para a comercialización española dun dos equipos máis
revolucionarios dos últimos anos.