O TomTom Start contará con carcasas intercambiables

martes, 6 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Dirixíndose a un publico xeral TomTom anuncia unha nova serie de dispositivos de navegación GPS chamados TomTom Start, que inclúen unha pantalla táctil TFT de 3,5 polgadas cunha resolución de 320 x 240 píxeles, unha batería cunha autonomía de ata 2 horas, unha memoria flash interna de 1 Gb, unhas medidas de 94 x 81 x 20 milímetros, un peso de 125 gramos e mapas preinstalados, que no caso de incluír os da Península Ibérica custaría 129,95 euros, mentres que por 149,95 euros integra os mapas de toda Europa.
Pero moitos considerarán que o máis rechamante dos TomTom Start é que teñen carcasas intercambiables de 6 cores distintas que venderanse por 15 euros cada unha. Pero tecnoloxicamente tamén estamos ante un produto interesante, que inclúe IQ Routes (para calcular a ruta máis rápida a calquera hora do día, valéndose dunha base de datos de máis de 800.000 millóns de perfís de velocidade en todo o mundo) e Map Share (para permitir aos usuarios a modificacións de mapas).

PUBLICIDADE