O Vertu Ti venderase a 7.900 euros

martes, 12 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Para unha elite que busca móbiles moi exclusivos resulta evidente que non serven os terminais de consumo, pois os mellores smartphones que hai no mercado venden millóns de unidades, de aí que se manteñan algunhas marcas de luxo como Vertu, antes pertencente a Nokia, que xa conta co seu primeiro smartphone con Android, o Vertu Ti, que cunhas prestacións máis propias dun terminal de gama media-baixa (pantalla cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador a 1,5 GHz, batería de 1.250 mAh, 180 gramos de peso e sen conectividade 4G) atrévense a polo á venda a un prezo de 7.900 euros, o que xustifican pola súa exclusividade (Vertu só fabricou 326.000 móbiles en 10 anos) e o seu acabado luxoso e coidado (cun marco de titanio e unha pantalla de zafiro).
Os responsables de Vertu tamén explican que pese á relación de Nokia con Windows Phone, eles optaron por integrar Android no seu smartphone para poder gozar dun ecosistema maior, para poder integralo con máis dispositivos.

PUBLICIDADE