O Vivo Nex aproxÃmase ao soño do móbil todo pantalla
martes, 12 de xuño do 2018
Durante
o Mobile World Congress o fabricante chinés Vivo amosou un móbil conceptual
chamado Apex que era o máis semellante a un terminal todo pantalla que puido verse até o momento, pero finalmente a idea
converteuse nun produto real, o Vivo
Nex, un teléfono que consegue que a súa pantalla ocupe o 91,24% do seu
frontal ao agochar o lector de pegadas dixitais e o auricular tras a pantalla e
facer que a cámara frontal sexa retráctil (coma un periscopio que xorde da
parte superior do terminal).
Este teléfono continúa a ter unha marxe inferior perceptible, pero está
sumamente próximo ao concepto todo
pantalla que os fabricantes veñen perseguindo nos últimos anos. O móbil ten
tamén unha configuración bastante completa, cun procesador Qualcomm Snapdragon
845, 8 GB de RAM, 256 GB de almacenamento, pantalla OLED de 6,59 polgadas,
cámara traseira dual de 12 e 5 MpÃxeles, cámara frontal retráctil de 8 MpÃxeles,
toma de auriculares, un grosor de 7,98 milÃmetros e un peso de 199 gramos.
Tamén contará cunha versión máis económica cun procesador Qualcomm Snapdragon
710, 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento, que continúa a ser unha
configuración moi completa.
O modelo máis completo do Vivo Nex sairá á venda en China a un prezo de 4.998 iuans
(664 euros), ou sexa, practicamente a metade do que custarÃa un iPhone X, aÃnda
que o seu prezo é moi superior ao do seu competidor máis directo, o Mi 8 de Xiami,
que véndese a entre 2.699 e 3.299 iuans, polo que semella que o Vivo Nex será
máis un produto chamado a captar miradas, pero que quedará lonxe de ter unhas
vendas masivas.