O WebTV de Blusens actualiza o seu firmware
luns, 18 de febreiro do 2013
AÃnda que Blusens xa conta no seu catálogo cun pequeno dispositivo
que achega Android 4.0 ao televisor, iso non quere dicir que abandone o
soporte dun dos seus produtos máis relevantes, os reprodutores multimedia WebTV
e WebTV-Lite,
que veñen
de renovar o seu firmware á versión 9231, permitindo tal actualización unha
serie de melloras no sistema de actualizacións, na interface de usuario e na
reprodución multimedia, asà como a incorporación de novas funcionalidades como
o soporte de ficheiros ISO e a reprodución alpha de DVD, un novo sistema de
busca de recursos en rede, reprodución de ligazóns https, soporte para o codec
Xvid-ASAP, opción para facer seek
fóra do buffer de descarga, entre outras.
Deste xeito, esta interesante solución que permite levar os contidos da
Internet ao televisor, reproducir contidos multimedia en rede ou en unidades de
memoria e discos duros e mesmo a recepción e gravación de TDT de alta
definición (no modelo non lite)
continúa a pórse ao dÃa para que os seus usuarios actuais vexa como non queda
obsoleta como outros produtos que hai no mercado.
Nos vindeiros dÃas no foro de desenvolvedores de Blusens darán detalles sobre as melloras que achega a nova actualización á API do WebTV.
- Menú do WebTV da galega Blusens