O Xacobeo 2021 será retransmitido en streaming en 16 países e pola TVG
martes, 29 de decembro do 2020
A apertura
do Xacobeo 2021 terá lugar o vindeiro 31 de decembro, cun acto
vídeo-musical
que se proxectará en 16 países e que será retransmitido en
streaming
e pola TVG. “É
un acto especialmente simbólico que queremos achegar ao maior número
de persoas”, explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava
Castro.
Por unha
banda, porase en marcha
un acto vídeo-musical
de benvida que terá a Carlos Núñez como condutor, que tralo peche
do acto litúrxico interpretará dúas pezas musicais escollidas para
a ocasión. De seguido proxectarase un vídeo de benvida do Ano
Santo, no que participarán artistas como Julio Iglesias, Alejandro
Sanz, Amaral ou Rozalén, que saúdan coa esperanza de volver
atoparse nesta Galicia que forma parte de todos dun xeito ou doutro.
“Un audiovisual que representa todo o que queremos que sexa este
Xacobeo, seguro e diversificado por todo o territorio”, dixo a
directora de Turismo de Galicia.
A retransmisión do acto
chegará a 16 países de Europa e América como Italia, Portugal,
Holanda ou Arxentina, grazas á colaboración de Turespaña. Ademais,
a Televisión de Galicia emitirá todo o acto de forma íntegra, a
través do sinal convencional e da súa canle de Youtube. Deste
xeito, Nava Castro quixo destacar a boa acollida que está a ter a
campaña Camiña a
Galicia, que ten
como obxectivo chegar ao 70% da poboación española nesta conta
atrás de cara ao Ano Santo, co iniciativa #AcendeoXacobeo. Por iso,
o 31 de decembro, iluminaranse case un cento de emprazamentos
singulares por toda España para celebrar o comezo deste Ano Santo.