O ZTE GEEK funcionará cun procesador Intel Atom a 2 GHz

mércores, 10 de abril do 2013 Marcus Fernández

No marco do IDF de Pequín, deuse a coñecer o novo smartphone ZTE GEEK, presente neste encontro polo feito de que funciona cun procesador Clover Trail+ Atom a 2 GHz (con tecnoloxía Atom de 32 nm) que nas probas realizadas dobrou en rendemento xeral á anterior xeración de procesadores móbiles de Intel, chegando a triplicar o seu rendemento no caso do procesamento gráfico, apostando tamén por un menor consumo enerxético.
O ZTE GEEK conta cunha pantalla de 5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles con Gorilla Glass, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno, cámaras de 8 e 1 Mpíxeles, Wi-Fi N, DLNA, Wi-Fi Direct, Bluetooh 4.0, GPS, batería de 2.300 mAh con carga sen fíos e co sistema operativo Android 4.2.2.
No encontro asiático ZTE tamén amosou o seu tablet V98 e o smartphone Grand X IN, ambos con procesadores de Intel.

O novo smartphone puido verse no expositor de ZTE no IDF

PUBLICIDADE