O ZTE Grand X Max chegará ao mercado cunha pantalla de 6 polgadas

martes, 7 de outubro do 2014 Marcus Fernández

O vindeiro venres o operador norteamericano Cricket Wireless comezará a comercializar o seu segundo tabletófono, o ZTE Grand X Max, a un prezo de 199,99 dólares (157,90 euros) buscando atender á demanda de grandes terminais con boa autonomía. O terminal que nos ocupa presume dunha pantalla de alta definición de 6 polgadas, que funciona con Android 4.4 e consegue un bo desempeño grazas ao seu procesador Qualcomm Snapdragon de catro núcleos a 1,2 GHz.
Entre as características do ZTE Grand X Max tamén detalla que ten 8 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de até 32 Gb, cámara traseira de 8 Mpíxeles con flash LED e gravación de vídeo en alta definición, cámara frontal de 1 Mpíxeles e unha batería da que, aínda que non detallan a súa capacidade, conta coa tecnoloxía Qualcomm Quick Charce 1.0, que permite que poida cargarse en menos tempo (o que resulta especialmente necesario nos casos dos tabletófonos, que ao ter baterías bastante xenerosas tenden a demorar a súa carga moito máis do que están afeitos os usuarios).

PUBLICIDADE