O ZTE ZMAX PRO venderase nos EE.UU. por 99 dólares
luns, 18 de xullo do 2016
Os
fabricantes chineses comezan a afiar a unllas, e a atreverse a competir
seriamente dentro dos mercados occidentais, destacando estes dÃas a última
xogada de ZTE, que anunciou que o vindeiro 1 de agosto vai pór á venda
a través das tendas de MetroPCS nos EE.UU. o seu novo terminal ZTE ZMAX PRO,
que serÃa o primeiro smartphone por
menos de cen dólares en incluÃr lector de pegadas dixitais, baterÃa de
3.400 mAh, cámaras de 13 e 5 MpÃxeles, 32 GB de almacenamento interno (ampliable
mediante tarxetas microSD de até 128 GB), procesador Qualcomm Snapdragon de 8
núcleos e 64 bits e unha enorme pantalla Full HD de 6 polgadas, converténdose
probablemente na mellor oferta do mercado norteamericano durante o verán.
ZTE xa destacara comercializado para o operador T-Mobile o seu tabletófono ZMAX
por menos de 200 dólares, e agora, tras incorporarlle un preciso e rápido
lector de pegadas dixitais e reducir o seu prezo até os 99 dólares consegue
situarse como un dos máis atractivos smartphones do mercado (ao que tamén
contribúe que funcione con Android 6.0), sendo a súa caracterÃstica máis
notable, o tamaño, tanto o seu punto feble como o seu punto forte (xa que para
moitos consumidores será o factor que determine a súa compra).
- O ZMAX PRO preséntase nos EE.UU. como o smartphone con pantalla de 6 polgadas máis completo por só 99 dólares
VÃdeo promocional do ZMAX PRO