O Zenfone 12 Ultra tamén aposta pola IA para converterse nun smartphone notable
xoves, 6 de febreiro do 2025
Asus trae ao mercado o seu novo Zenfone 12 Ultra, un smartphone que busca destacar pola decidida aposta pola intelixencia artificial na súa cámara para conseguir capturar momentos impresionantes, á vez que tamén conta con aplicacións impulsadas por IA para simplificar a vida do usuario.
Cun prezo que parte dos 1.099 euros, o Zenfone 12 Ultra é un ambicioso teléfono que non só aposta polas grandes prestacións, senón que tamén conta cun deseño delgado e elegante dispoñible en tres cores distintas (verde salvia, negro ébano e branco sakura).
Funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Elite, 16 GB de RAM LPDDR5X e 512 GB de almacenamento interno UFS 4.0; a súa pantalla AMOLED Full HD+ de 6,78 polgadas ten protección Corning Gorilla Glass Victus 2, unha velocidade de refresco de até 144 Hz e un brillo máximo de 1.600 nits (con picos de 2.500 nits); os seus altofalantes estéreo están acompañados por unha saÃda para auriculares compatible con son de alta resolución (mentres que o seu Bluetooth 5.4 tamén inclúe os codecs Qualcomm AptX Adaptive e aptX Lossless) e os seus tres micrófono facilitan unha solvente redución de ruÃdo; ten resistencia IP68; e a súa baterÃa de 5.500 mAh conta con carga rápida de 65 watts por cable e tamén é compatible con carga sen fÃos Qi 1.3 e Qi 2.0 de até 15 watts.
A nivel de cámaras, mentres a súa cámara frontal ten un sensor de 32 MpÃxeles (cun campo de visión de 90 graos), a cámara traseira tripla presume dun sensor principal Lytia 700 de 50 MpÃxeles con estabilización óptica, o seu ultra grande angular queda en 13 MpÃxeles (cun cambio de visión de 120 graos) e tamén conta con zoom óptico 3x de 32 MpÃxeles e estabilización óptica, ideal para tirar proveito do modo retrato.
Aparte de aproveitar a IA para realizar fotografÃas e vÃdeos de calidade (con funcións como o seguimento con IA, modo retrato para vÃdeo, a eliminación de elementos fotográficos non desexados, o enfocado de elementos borrosos ou o efecto de desenfoque de movemento), tamén integra funcións avanzadas baseadas na intelixencia artificial como a transcrición de voz (que tamén pode resumirse ou traducirse a varios idiomas), resume artigos de páxinas web nun intre, pode resumir documentos PDF, TXT e Word, integra un tradutor de chamadas mediante IA e tamén aproveita a tecnoloxÃa de IA para suprimir ruÃdos de fondo molestos.