O Zii EGG preséntase como a alternativa ao iPod Touch baseada en Android

martes, 28 de xullo do 2009 Marcus Fernández

A pantalla multi-táctil do Zii EGG soporta ata 10 puntos de contacto

O novo reprodutor multimedia portátil de Creative está a sorprender, non por contar con innovacións importantes, senón porque o Zii EGG, claro competidor do iPod Touch de Appple, funciona co sistema operativo Android.
O Zii EGG funciona cunha pantalla multitáctil (de ata 10 puntos de contacto) de 3,5 polgadas cunha resolución de 320 x 480 píxeles, con saída de televisión (é capaz de reproducir vídeo a 720p e 1.080p), con 32 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas SDHC, con soporte dos formatos de audio e vídeo máis habituais (MP3, WMA, AAC, WMV, H.264, MPEG-4, AVI e MOV), cunha arquitectura StemCell que ofrécelle compatibilidade con OpenGL e incluso con conectividade Wi-Fi e Bluetooth, receptor de GPS, acelerómetro, 2 cámaras, unhas medidas de 115 × 62 x 12 milímetros e un peso de só 108 gramos.
Pero este impresionante dispositivo aínda non está en fase comercial, senón que só conta cun número de unidades moi limitado, vendéndose a 399 dólares cada terminal pensando na súa adquisición por parte de desenvolvedores (aceptándose pedidos dende España), que así poderán ir introducíndose neste reprodutor que cando chegue ao mercado de xeito ordinario debería ser bastante máis barato.


Presentación do Zii EGG

PUBLICIDADE