O aPen A5 Smart Pen permitirá debuxar e escribir a man no iPad

xoves, 20 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Aínda que para o seu uso no iPad e no iPhone existen stylus capaces de operar en pantallas capacitivas, o feito de que a súa sensibilidade estea pensada para o recoñecemento de dedos fai que non teñan precisión para debuxar ou tomar notas a man, de aí que eFun decidise adaptar a súa tecnoloxía de rexistro de escritura baseada nun bolígrafo especial e un sensor adicional que terá por nome aPen A5 Smart Pen que chegará ao mercado en 2012 a un prezo duns 99 dólares (71,77 euros).
Esta solución consiste en conectar un sensor no conector de 30 pins do iPad ou do iPhone, de xeito que despois, grazas á aplicación de balde Studio Basic Lite (ou outras aplicacións compatibles), é posible rexistrar nos dispositivos con iOS o que debuxemos ou escribamos a man sobre a súa pantalla.

O aPen precisa dun sensor para o seu funcionamento no iPad ou iPhone

PUBLICIDADE