O cargador dobre MagSafe sairá á venda en breve por 149 euros
venres, 6 de novembro do 2020
AÃnda que
a malograda base de carga AirPower fose finalmente desbotada
por Apple sen dar cumprida explicacións ao respecto, o concepto dun trebello
para a carga de varios dispositivos á vez non se perdeu, e retomouno un
accesorio oficial de Apple que fai uso da tecnoloxÃa MagSafe dos novos iPhone
12 para poder cargar simultaneamente un dos novos teléfonos de Apple xunto cun
Apple Watch.
A data de lanzamento oficial do cargador
dobre MagSafe aÃnda é un misterio, pero o lanzamento semella inminente e o
prezo deste cargador xa se sabe que será de 149 euros, recomendándose o seu uso
cun adaptador de corrente USB-C de 20 watts (o mesmo que se recomenda para
calquera iPhone 12). Este produto non é especialmente orixinal, xa que vén a
ser simplemente un cargador Qi para 2 dispositivos, coa salvidade de poder
encartarse para a o seu transporte e ter un dos seus puntos de carga preparado
para dúas posicións diferentes (como reloxo en horizontal coa correa aberta ou
co reloxo en vertical coa correa pechada); pero de cara ao consumidor estamos
ante unha resposta bastante atinada para a carga habitual de dispositivos
cotiáns como son o iPhone e o Apple Watch, que no cargador dobre MagSafe teñen
a posibilidade de continuar xuntos tamén durante a recarga das súas baterÃas.
- Co cargador dobre MagSafe podemos cargar simultaneamente un iPhone 12 e un Apple Watch