O derradeiro xogo de Peter Molyneux xa ten data de lanzamento
luns, 12 de xaneiro do 2026
O veterano deseñador británico Peter Molyneux (responsable de tÃtulos como Populous, Black & White e a saga de Fable) anunciou a data de lanzamento do que considera que será o seu derradeiro videoxogo tras máis de catro décadas de carreira. Masters of Albion estará dispoñible para PC a partir do 22 de abril, en exclusiva a través de Steam, onde xa é posible engadir o tÃtulo á nosa listaxe de desexados.
Presentado oficialmente durante a Gamescom 2024, Masters of Albion é un proxecto desenvolvido polo estudio 22Cans que combina estratexia en tempo real, xestión de cidades e simulación, cun enfoque que recupera e actualiza o xénero dos chamados god games. Molyneux describe o tÃtulo como «a culminación do traballo de toda a miña vida», unha sÃntese de ideas e mecánicas presentes ao longo da súa traxectoria.
No xogo, os usuarios asumen o papel dunha divindade cunha man divina coa que poden deseñar e construÃr aldeas desde cero, personalizar edificios e combinar estruturas para crear novas tipoloxÃas arquitectónicas. A relación cos habitantes humanos é central na experiencia, xa que poden ser inspirados mediante actos divinos, controlados por posesión directa ou castigados a través de poderes como a manipulación do clima. O xogo prescinde de temporizadores ou esperas forzadas, permitindo gobernar Albion ao ritmo que marque cada xogador.
Durante o dÃa, Masters of Albion céntrase na construción, na produción de bens e na xestión económica e social das cidades, mentres que coa chegada da noite a experiencia vira cara a unha estratexia máis clásica, na que cómpre defender as vilas fronte a criaturas malignas. Para iso, é necesario erguer defensas, colocar torretas, levantar murallas e contratar heroes que protexan á poboación. Estes heroes tamén poden ser controlados directamente, entrando en combates en tempo real contra os inimigos.
O mundo do xogo é aberto e está cheo de rexións por descubrir, misións, tesouros e unha historia que afonda no poder, nas consecuencias morais e nas loitas polo control dun territorio no que a maxia regresa como ameaza. A narrativa presenta un Albion marcado por conspiracións, traizóns e decisións éticas que condicionan o devir da sociedade.
Este é o primeiro xogo de 22Cans desde The Trail: Frontier Challenge (2017) e chega tras anos de silencio arredor do estudio. En outubro de 2025, Molyneux recoñeceu nunha entrevista con Video Games Chronicle que Masters of Albion representa para el unha forma de redención tras proxectos anteriores nos que admite ter prometido máis do que puido cumprir, como Curiosity: What’s Inside the Cube ou Godus.
Tráiler no que se anuncia a data de lanzamento de Masters of Albion
