O disco duro Replica de Seagate fai copias de seguridade completas do noso PC
martes, 28 de abril do 2009
- O disco duro externo Replica non só é doado de utilizar, senón que tamén ten un deseño moi elegante
Os usuarios que
desexen conservar con seguridade a información que almacenan no seu ordenador
poden adquirir o novo disco duro de
Seagate, que ten o representativo nome de Replica, pois esta unidade
encárgase de facer unha copia de seguridade do noso PC, incluÃndo o sistema
operativo, o que lembra ao Time Machine para Mac.
Esta unidade pode mercarse en dúas configuracións distintas: unha de 250 Gb de
capacidade, pensada para o seu uso nun único equipo e cun prezo duns 130
dólares; e outra de 500 Gb que poderÃa conectarse a unha base e serÃa capaz de
manter copias de varios ordenadores por un prezo duns 200 dólares.
A primeira copia
de seguridade dun equipo pode levar uns 40 minutos (dependendo do ocupado
que estea o noso disco duro) e en seguintes sincronizacións o sistema realizará
copias incrementais, actualizando só a información modificada. No caso de
fallo do noso disco duro principal, Replica permitirá restaurar o sistema ao
estado no que se atopaba na súa última copia de seguridade, para tranquilidade
do usuario.
Este disco duro é de só 5.400 rpm, comunÃcase co PC a través de USB 2.0 (ata
480 Mbps), mide 142,60 x 101,28 x 18,20 milÃmetros e pesa 0,26 quilos.