O documental Rianxo con boa letra estréase este sábado en streaming

mércores, 29 de abril do 2020 S. P.

Malia a que está caendo (a pandemia, a crise sanitaria e económica, o confinamento e as restricións á actividade presencial), a vertente máis creativa e economicamente puxante de Rianxo ábrese camiño e colle impulso. Este sábado 2 de maio, sen ir máis lonxe, está programada a estrea do documental Rianxo con boa letra, un pormenorizado e ameno achegamento á industria e ao tecido produtivo do concello barbanzán.
Malia non poder ser mostrado en formato tradicional, no Auditorio Municipal e ante unha chea de veciñas e veciños, si que poderá verse en streaming, a partir das 20.30 horas, na canle de YouTube da Produtora Xurdir, responsábel do documental.
Na estrea intervirán Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo e Ignacio Seijo, director de Xurdir. O acto será presentado por Eva Iglesias.
En palabras da produtora, “trátase dun documental dirixido a pór en valor o traballo das empresarias e empresarios de Rianxo, un traballo que hoxe máis que nunca merece ser recoñecido”.

PUBLICIDADE