O estoxo de carga do Ai Pin ten risco de incendio
mércores, 5 de xuño do 2024
Despois de facer promesas imposibles de cumprir, como se constatou tras o lanzamento do Ai Pin, Humane está a encarar unha importante crise, comentándose que está a buscar con urxencia un comprador, deixando claro que os dispositivos baseados en IA de nacidos de pequenas empresas o teñen moi complicado para prosperar.
AÃnda que parecÃa que a cousa non podÃa ir a peor, resulta que están a remitir aos seus clientes un correo electrónico indicándolles que deixen de utilizar inmediatamente o seu estoxo de carga, por ter detectado un problema. Pese a que están a minimizar o asunto asegurando de que só teñen constancia dun accidente atribuÃdo ao uso dun cable e dun cargador de terceiros, o certo é que identificaron que a cela da baterÃa do seu dispositivo presenta un problema de calidade, o que supón un potencial risco de incendio.
Agora aseguran ter vetado ao fabricante destas baterÃas e están a buscar unha alternativa que cumpra cos estándares de calidade esixidos.
Detallan que a baterÃa do Ai Pin e as súas baterÃas externas non se verÃan afectadas por este problema, asà como outros compoñentes da compañÃa, senón que unicamente presentarÃa problemas o estoxo de carga, que vén de ser retirado da venda, pero que poderÃa provocar un dano aÃnda maior á reputación de Humane, pois non só traballan con expectativas pouco realistas, senón que tamén estarÃa a ser neglixente cos controis de calidade da fabricación dos seus produtos (que teñen prezos moi elevados).