O eviGroup comercializa un MID baseado en Android

xoves, 20 de maio do 2010 Marcus Fernández

O fabricante francés eviGroup vén de incluír no seu catálogo de produtos un MID con pantalla de 5 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador Samsung ARM 6410 a 533/667 MHz, 256 Mb de RAM, 1 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD, Wi-Fi N, Ethernet, 6 horas de autonomía, unhas dimensións de 132 x 87 x 14 milímetros, un peso de 185 gramos e o sistema operativo Android 1.5.
O Wallet pode mercarse por 199 euros (aos que habería que engadir 29 euros en concepto de portes), polo que pode ser un interesante dispositivo para acceder á Rede, reproducir contidos multimedia e ler documentos.
O mesmo fabricante tamén vende o Pad Elite, un dispositivo semellante con pantalla de 10,6 polgadas, procesador Intel Atom e sistema operativo Windows 7 Home Premium que venden por 599 euros (podendo adquirirse por 60 euros menos no caso de non incorporar o sistema operativo preinstalado).


Desempaquetado do evi Wallet

PUBLICIDADE