O iPad contará cun modelo con 128 Gb de almacenamento interno

martes, 29 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Durante os últimos anos os tablets de Apple estaban só dispoñibles en capacidades de 16, 32 e 64 Gb, pero hoxe a compañía de Cupertino anunciou que o iPad con pantalla Retina (nome co que se coñece ao que moitos coñecen como iPad 4) vai estar dispoñible tamén cunha memoria interna de 128 Gb tanto na súa versión Wi-Fi como na que incorpora tamén conectividade móbil, ampliando así a capacidade para aplicacións, fotografías, vídeos, música e documentos en xeral nun tablet no que cada vez ocupan máis os seus contidos en boa medida pola súa mellora gráfica coa incorporación das pantallas Retina.
O iPad de 128 Gb porase á venda o 5 de febreiro en cor branca ou negra a un prezo recomendado de 799 euros para o modelo con Wi-Fi e de 929 euros para os modelos que tamén inclúe banda larga móbil. Poderanse conseguir tanto na tenda en liña de Apple como nas tendas física de Apple e distribuidores autorizados de costume.

PUBLICIDADE