O iPad de 9,7 polgadas baixa de prezo e recibe compatibilidade co Apple Pencil
martes, 27 de marzo do 2018
Apple
celebrou hoxe un evento en Chicago destinado a presentar novidades dirixidas ao
sector da educación que como eixe tivo a renovación do iPad de 9,7 polgadas, que non só
conta cunha pantalla Retina, chip A10 Fusion e sensores avanzados cun prezo bastante
axustado para ser un produto da compañÃa de Cupertino, senón que tamén inclúe
compatibilidade para o Apple Pencil, facendo asà que sexa un produto válido
para esbozar ideas, tomar apuntes rápidos ou facer anotacións en capturas de
pantalla, gañando versatilidade para os estudantes.
Esta nova tableta parte dun prezo de 349 euros no seu modelo con 32 GB de
almacenamento e conectividade Wi-Fi, mentres que con 128 GB custarÃa 439 euros
e ambos modelo contan tamén con versión con conectividade móbil por 130 euros
máis. A súa chegada aos compradores está prevista para a partires do 3 de abril.
Co Apple Pencil o usuario poderá tomar notas ou facer ilustracións en
aplicacións como Notability, Pages, Numbers, Keynote ou Microsoft Office, aÃnda
que de cara á educación son outras as aplicacións que preparou a compañÃa da mazá.
Temos asà que con Everyone Can Create,
un novo plan de estudos de balde para que os profesores poidan integrar de
xeito doado e entretido o debuxo, a música, o vÃdeo e a fotografÃa no temario
de cada materia; Tareas axudará aos
profesores a asignar deberes e ver o progreso dos alumnos (na aplicación Aula); e tamén prevese a integración de moitas
outras aplicacións ao ecosistema educativo grazas a ClassKit, un novo contorno
de desenvolvemento para educación.
Apple tamén anunciou que os estudantes e os profesores poderán contar con 200
Gb de almacenamento de balde en iCloud.
VÃdeo promocional do novo iPad
Produtos de Logitech para o sector educativo
Cómpre salientar que para un usuario ordinario a renovación do iPad de 9,7
polgadas pode percibirse simplemente como unha baixada de prezo, que no caso de
estar interesado no Apple Pencil mitigarÃa a súa compra (pois falamos dun
accesorio que custa 99 euros). Pensando precisamente en que o prezo do lapis
dixitalizador de Apple é moi elevado, chegaron a un acordo con Logitech para
comercializar para centros educativos o Logitech Crayon, un
lapis cun deseño máis orientado ao seu uso por parte de estudantes, que custarÃa
a metade que o lapis ordinario. Adicionalmente tamén comercializarÃan o Rugged Combo 2, accesorio
que permite converter o iPad nun ordenador portátil reforzado, xa que esta
funda con teclado tamén protexe de golpes, caÃdas e molladuras, contando tamén
cun espazo para suxeitar o Crayon.
- O Rugged Combo 2 transforma o iPad nunha especie de ordenador portátil resistente