O iPhone 7 e 7 Plus chegará a España o 16 de setembro
mércores, 7 de setembro do 2016
Apple celebrou esta tarde o seu evento de presentación da
nova xeración de smartphones, o
iPhone 7 e o iPhone 7 Plus, que
poderán reservarse a partires do 9 de setembro ás 9:01 horas, e chegarÃa ás
tendas o vindeiro dÃa 16, sorprendendo o feito de que España está incluÃndo
entre os 25 paÃses de lanzamento do móbil, en contraste co que aconteceu nos
últimos anos, aÃnda que por desgraza chegan cunha suba de prezo, xa que o ano
pasado o iPhone 6s partÃa dos 749 euros e o iPhone 6s Plus dos 859 euros, e o
iPhone 7 partirá dos 769 euros e, o iPhone 7 Plus distanciarÃase en prezo até
partir dos 909 euros (e chegando até os 1.129 euros no seu modelo de maior
capacidade de almacenamento). En calquera caso cómpre salientar que o
incremento de prezo vén acompañado por un incremento de capacidade, xa que os
novos smartphones chegarán en capacidades de 32, 128 e 256 GB, desbotando os 16
GB que claramente resultaban insuficientes para un móbil que disparan fotografÃas
de grande resolución e grava vÃdeos en 4K.
Estamos ante smartphones de alta gama que, sen revolucionar a súa aparencia
externa, inclúen interesantes novidades, como os novos procesadores A10 Fusion,
que non só achegan maior potencia, senón que tamén coidan o consumo (teñen un
par de núcleos de alta potencia e outro par de alta eficiencia, de xeito que adaptan
o consumo ás necesidades de cada momento), inclúen numerosas bandas de LTE (permitindo
velocidades de descarga de até 450 Mbps), estrean resistencia á auga, contan
con altofalantes estéreo e ofrécense nunha nova gama de cores (negro mate,
negro brillante, prata, ouro e ouro rosa).
VÃdeo de presentación do iPhone 7
Sen toma de mini-jack
Un detalle moi rumoreado, e que finalmente confirmouse, é
que os novos iPhone carecen de toma para auriculares, o que durante a
presentación aseguraron que foi unha ousadÃa de Apple, e que compensan
incluÃndo cos móbiles non só uns auriculares EarPod con conector Lightning,
senón tamén cun adaptador de Lightning a toma para auriculares de 3,5
milÃmetros (ou sexa, que facilita o uso de auricualres tradicionais).
Con esta medida Apple non só busca favorecer o uso de auriculares avanzados
(como algúns que xa están dispoñibles no mercado e que inclúe cancelación de
ruÃdo activa sen ter que empregar baterÃas grazas a que o conector Lightning
tamén achega corrente), senón que tamén busca promover o uso de auriculares sen
fÃos, como os AirPods, auriculares
sen fÃos que contan cunha funda de transporte que tamén integra baterÃa para
facilitar un longo uso en mobilidade, e que lembrarÃan ao concepto
explorado polo Moto Hint, pero permitindo tanto o uso dun auricular solto
como de ambos auriculares (para son estéreo). Estamos ante un produto moi
atractivo, pero que ten no seu prezo a principal barreira de adopción (venderase a 179 euros).
VÃdeo de presentación dos AirPods
Novo sistema de cámaras
Para recuperar posicións no mercado Apple decidiu realiza
unha importante renovación das cámaras dos iPhone e asà temos que agora tanto o
iPhone 7 e o iPhone 7 Plus contan con estabilización óptica de imaxe, 12
MpÃxeles e apertura f/1.8 nas súas cámaras traseiras, asà como unha
impresionante cámara frontal de 7 MpÃxeles cunha apertura f/2.2. Tamén estrean
un procesador de imaxe (ISP) que é capaz de realizar 100.000 millóns de
operacións nunha única fotografÃa en só 25 milisegundos, conseguindo unhas
imaxes de grande calidade, e o flash integrado tamén mellora considerablemente,
adaptándose ao pestanexo das luces, para conseguir unhas imaxes mellor
iluminadas.
Pero o máis rechamante a nivel de cámaras chega no iPhone 7 Plus, que opta por
incorporar dúas cámaras traseiras de 12 MpÃxeles, unha cun grande angular con
apertura f/1.8 e outra cun teleobxectivo de f/2.8 cun zoom óptico de 2x. Deste
xeito o usuario pode elixir se tomar instantáneas amplas ou acercar a imaxe,
algo difÃcil de ver nun smartphone.
Na presentación tamén detallaron que antes de rematar o ano lanzarán unha
actualización de software que permitirá xogar coa profundidade de campo grazas
ao uso de tecnoloxÃa de intelixencia artificial, o que permite que o smartphone
distinga os obxectos que están en primeiro plano para mantelos enfocados
mentres se desenfoca o fondo (conseguindo un fermoso bokeh) o que poderá facerse de xeito doado dende a aplicación da
cámara simplemente con activar o modo
retrato de disparo.
Novos reloxos conectados
Non só os novos iPhone 7 estrean resistencia á auga, senón
que o Apple Watch tamén
terá unha nova xeración que serÃa somerxible a 50 metros, incorporarÃa GPS
(para permitir que os usuarios poidan marchar a correr sen cargar co teléfono),
mellorarÃa o brillo da súa pantalla e actualizarÃa o seu procesador, saÃndo á
venda o 16 de setembro. Pero este novo reloxo non substituirá ao anterior
completamente, senón que manterase tamén o modelo vello, actualizándose o seu
procesador, de xeito que, por exemplo, o Apple Watch con caixa de 38 milÃmetros
e correa deportiva pasará a custar 339 euros no seu modelo básico, e 439 euros
no modelo con GPS e resistencia á auga.
A finais de outubro tamén sairá un Apple Watch Nike+, ou
sexa, orientado á práctica deportiva, destacando polas súas correas
transpirables (perforadas), partindo estes novos reloxos dos 439 euros (ou
sexa, que só estarÃan dispoñibles na versión resistente á auga e con GPS).
VÃdeo de presentación dos novos Apple Watch